Kerplunk

álbum de Green Day

Kerplunk é o segundo álbum da banda estadounidense de punk rock Green Day, editado o 17 de xaneiro de 1992 polo selo Lookout! Records. Kerplunk foi o seu derradeiro lanzamento nun selo independente e foi tamén o primeiro álbum coa súa formación actual, con Tré Cool na batería. Trátase dun dos álbums editados a través dun selo independente máis vendido de todos os tempos. Moitas grandes discográficas tomaron nota da popularidade de Kerplunk e achegáronse á banda. Green Day decatouse de que chegaran ao máximo da capacidade de distribución de Lookout! e entón asinaron un contrato con Reprise Records, selo co que gravarían e editarían o seu terceiro traballo no ano 1994, Dookie.

Kerplunk
Álbum de Green Day
Publicado1991 e 17 de decembro de 1991
Gravaciónmaio - setembro de 1991
Estudio(s)Art of Ears Studio, San Francisco, California
Duración33:58 (vinilo)
42:09 (CD)
Xénero(s)punk rock
Selo(s)Lookout!, Reprise, Epitaph
ProdutorAndy Ernst, Green Day
Cronoloxía
1,039/Smoothed Out Slappy Hours Kerplunk Dookie
Na rede
Spotify: 1UShup0VvfxhxS7j3Omxh2 Discogs: 33172 Allmusic: mw0000096356 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O álbum oficialmente inclúe só 12 temas, pero as versións lanzadas en CD e casete teñen as 4 cancións do EP Sweet Children. Un deses temas é unha versión da canción de The Who "My Generation". Outra canción que destaca do álbum é "Welcome to Paradise", que a banda regravaría para o seu seguinte traballo Dookie.

En agosto do ano 2010 Kerplunk levaba vendidas 753.000 copias nos Estados Unidos e 1 millón en todo o mundo.

Listaxe de cancións

editar

Todas as letras escritas por Billie Joe Armstrong, agás "Dominated Love Slave" por Tré Cool, toda a música composta por Green Day, agás "2000 Light Years Away" por Green Day, Jesse Michaels, Pete Rypins e Dave E.C..

N.º Título Duración
1. "2000 Light Years Away"   2:24
2. "One for the Razorbacks"   2:30
3. "Welcome to Paradise"   3:30
4. "Christie Rd." ([nb 1]) 3:33
5. "Private Ale"   2:26
6. "Dominated Love Slave" (escrita e interpretada Tré Cool) 1:42
7. "One of My Lies"   2:19
8. "80"   3:39
9. "Android"   3:00
10. "No One Knows"   3:39
11. "Who Wrote Holden Caulfield?"   2:44
12. "Words I Might Have Ate"   2:32
33:58
Cancións extra do CD
N.º Título Duración
13. "Sweet Children"   1:41
14. "Best Thing in Town"   2:03
15. "Strangeland"   2:08
16. "My Generation" (versión de The Who) 2:19
42:10
  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome KerplunkLPsleeve
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome KerplunkCDlinernotes


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "nb", pero non se atopou a etiqueta <references group="nb"/> correspondente