Ignacio Seoane
Ignacio Seoane Fernández, nado en Ribadavia en 1900 e fusilado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un sindicalista, político e dirixente socialista galego.
Nome orixinal | (gl) Ignacio Seoane Fernández ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1900 ![]() Ribadavia, España ![]() |
Morte | 27 de agosto de 1936 ![]() Cemiterio de Pereiró, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
![]() | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 24 de febreiro de 1936 – 27 de agosto de 1936 (morte) Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid, Spain ![]() |
Ocupación | sindicalista, político, panadeiro ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarIgnacio Seoane traballou de panadeiro e militou na UXT e no PSOE. Nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra pola Fronte Popular. Era membro do Comité da Fronte Popular de Vigo.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado por sedición militar e reclamado polo Xulgado Militar de Vigo mediante requisitoria o 2 de agosto;[1] estaba enfermo e retirado no Concello de Cotobade, onde foi detido,[2] participando na detención a Guardia cívica da que formaba parte Víctor Lis Quibén.
Foi condenado a morte o 20 de agosto nun consello de guerra sumarísimo polo delito de traizón, sendo fusilado unha semana máis tarde no camposanto de Pereiró con outros membros do Comité da Fronte Popular de Vigo, como o alcalde Emilio Martínez Garrido, o alcalde de Lavadores José Antela Conde e os deputados socialistas Enrique Heraclio Botana e Antonio Bilbatúa Zubeldía.[3]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 2.
- ↑ Galicia mártir Arquivado 02 de decembro de 2012 en Wayback Machine., de Hernán Quijano.
- ↑ Asasinados en Vigo durante a Guerra Civil.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lamela, Luis (2005). "Pasión y muerte del diputado socialista pontevedrés Ignacio Seoane Fernández". A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria. Narón, decembro de 2003. Ferrol: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.