Rafael Fernández Casas
Rafael Fernández Casas, nado en Buenos Aires o 3 de agosto de 1901[1] e finado en Trasanquelos (concello de Cesuras, hoxe Oza-Cesuras) o 20 de agosto de 1936, foi un mestre e escritor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1901 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Morte | 20 de agosto de 1936 ![]() Trasanquelos, España ![]() |
Causa da morte | paseo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarNado en Buenos Aires, en 1903 regresou con súa nai e os seus dous irmáns a Galicia. A nai ingresouno con 9 anos no hospicio de Santiago de Compostela, sito no antigo convento de San Domingos de Bonaval. Fixo estudos primarios no propio hospicio, e continuou logo estudos secundarios e os dous primeiros cursos de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Aos 19 anos saíu do hospicio e completou os dous anos restantes de Maxisterio, graduándose aos 21 anos. Comezón a traballar como mestre en Palas de Rei e nas escolas de indianos de Veiga e Devesos (Ortigueira).
Foi Venerable Mestre da loxa masónica compostelá Agarimo nº 78.
Colaborou en Heraldo Guardés, El Compostelano, El Tea, La Libertad, La Democracia, La Voz de la Verdad, La Provincia e La Voz de Ortigueira. Autor da novela Loita, publicada en 1927. En El Pueblo Gallego publicou a serie de seis artigos "Lembranzas do neno".[2]
Nos anos finais da República exerceu de mestre na escola de Souto, en Carnoedo (Sada), desenvolvendo unha grande actividade dentro do Ateneo de Cultura Política y Social da vila, que presidiu en 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado na estrada Betanzos-Agolada (actual AC-840) en Trasanquelos o 20 de agosto de 1936.
Obras
editar- Loita, 1927, número 33 da Colección Lar.[3]
Notas
editar- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 21.
- ↑ Fernández Casas, Rafael (7 decembro 1927). "Lembranzas do neno (sección «La Enseñanza y los Maestros», p. 11).". El Pueblo Gallego.
- ↑ Iglesias, Xabier (28/9/2013). "Loita". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael Fernández Casas |
Bibliografía
editar- "Fernández Casas, Rafael". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 41.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 141. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 209–210. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Rafael Fernández Casas. Mestre mártir galeguista, mestre republicano, escritor e xornalista comprometido Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- O martirio de Fernández Casas Arquivado 21 de agosto de 2019 en Wayback Machine.