Referendo de autonomía de Galicia de 1936
- Véxase tamén: Estatuto de autonomía de Galicia de 1936.
O referendo de autonomía de Galicia de 1936 celebrouse o 28 de xuño, no que votou o 74,56% do censo electoral (1 343 135 electores inscritos), cunha alta participación para a época. Dos 1 000 963 votos emitidos, 993 351 foron a prol (o 99,24%), 6 161 en contra e 1 451 en branco.
Referendo de autonomía de Galicia de 1936 | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() ![]() ![]() | |||||||||||||||||
Data | 28 de xuño de 1936 ![]() | ||||||||||||||||
Tipo | referendo ![]() | ||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Resultado da votación
![]() | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||

Detalle dos resultados
editarOpción | Votos | % |
---|---|---|
A prol | 993 351 | 99,24 |
En contra | 6 161 | 0,76 |
Inválidos/Votos en branco | 1 451 | – |
Total | 1 000 963 | 100 |
Votantes rexistrados/Participación | 1 343 135 | 74,56% |
Fonte: Direct Democracy |
- Resultados detallados por provincias
Censo de electores | 455 786 | |
Votos válidos | 372 621 | |
Afirmativos | 370 733 | |
Negativos | 1 655 | |
En branco | 223 | |
Fonte: (Barreiro Fernández, 2007) |
Censo de electores | 284 888 | |
Votos válidos | 202 887 | |
Afirmativos | 200 533 | |
Negativos | 1 886 | |
En branco | 575 | |
Fonte: (Barreiro Fernández, 2007) |
Censo de electores | 265 773 | |
Votos válidos | 181 366 | |
Afirmativos | 179 363 | |
Negativos | 1 661 | |
En branco | 342 | |
Fonte: (Barreiro Fernández, 2007) |
Censo de electores | 336 779 | |
Votos válidos | 243 935 | |
Afirmativos | 242 791 | |
Negativos | 959 | |
En branco | 311 | |
Fonte: (Barreiro Fernández, 2007) |
Entrega do Estatuto en Madrid
editarO 15 de xullo de 1936, unha comisión en representación do Comité Central da Autonomía de Galicia entregaba ó Presidente das Cortes, Diego Martínez Barrio, o texto do Estatuto aprobado en referendo. Esta comisión estaba formada por unha nutrida representación de parlamentarios e políticos galegos, entre os que se encontraban Bibiano Fernández Osorio-Tafall e Enrique Rajoy Leloup (representando ó Comité), os presidentes das catro xestoras provinciais (en función de Deputacións), os alcaldes das catro capitais de provincia e mailos de Santiago, Vigo, Ferrol e Viveiro e un grupo de deputados galegos da Fronte Popular (Castelao, Elpidio Villaverde, Fernández de la Vega, Ramón Beade, Alfredo Somoza, Celestino Poza, Guiance Pampín etc.).
En calquera caso, o estoupido da Guerra Civil o día 18 rematou brusca e definitivamente o proceso. O estatuto galego nunca chegou a entrar en vigor por mor do triunfo do bando nacional en Galicia tras o Golpe de Estado.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Torna Ferreiro, Cilia (28/7/2014). "Luís Manteiga, un maldito aspirante a galego 100%". Sermos Galiza.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abejón Mendoza, Paloma (2011). "La prensa lucense ante el Estatuto de Autonomía de 1936". Correspondencias & Análisis (en castelán) (1): 327–346. ISSN 2224-235X. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2021.
- Barreiro Fernández, X. R. (2007). A gran historia de Galicia. 26, tomo XI, vol. 5. Historia política da Galicia contemporánea: República, guerra civil e franquismo. La Voz de Galicia. pp. 49–51. ISBN 978-84-96931-26-8.
- Castro, Xavier. (1985). O galeguismo na encrucillada republicana (vol. II). "3.9.3. O triunfo efímero. De Febreiro a Xullo de 1936" Deputación de Ourense (tese de doutoramento). ISBN 84-85858-15-8.
- Lamas, Jorge (17/6/2009). "El «santo pucherazo» en Vigo" La Voz de Galicia (en castelán).
- Estatuto de autonomía de Galicia, Enciclopedia Galega Universal, en liña.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Galizien (Spanien), 4. Juli 1936 : Autonomiestatut" Database and Search Engine for Direct Democracy (en alemán).