5G
En telecomunicación, 5G úsase para referirse á quinta xeración de tecnoloxías de telefonía móbil. Sucede ás tecnoloxías 2G, 3G, e 4G.[1]

Hoxe por hoxe está dispoñible a súa primeira versión normalizada (Release 15 - Stand Alone) mentres as empresas de telecomunicación seguen a investigar novas tecnoloxías para mellorar as versións. As primeiras redes comerciais foron lanzadas no 2109, estendéndose o seu uso dende 2020.[2] A compañía sueca Ericsson foi a primeira en lanzar o 5G.
A velocidade que permite en móbiles a tecnoloxía 5G atópanse entre ~50 Mbit/s e 4 gigabit/s,[3] permitindo conectar un millón de aparellos por cada km2.[4]
As velocidades maiores acádanse grazas á banda milimétrica (notada en inglés como mmWave). Así, en marzo de 2021, usando dita banda, acadábase unha velocidade de 3,.6 Gbit/s, cunha rede 5G Ultra WideBand de Verizon Wireless.
A tecnoloxía Sub-6 GHz 5G (5G de Banda media), permitirá velocidades comprendidas entre os 100 e 400 Mbit/s, e espérase que coa banda milimétrica en exteriores os resultados sexan aínda mellores.[5]
Por contra ó anterior, o espectro de banda baixa ofrece maior rango (e, polo tanto, maior cobertura), pero con menor velocidade.
A velocidade de 5G NR (New Radio) en bandas de menos de 6 GHz pode ser algo superior á de 4G cunha cantidade semellante de espectro e antenas,[6][7] mais, algunhas redes 3GPP 5G son máis lentas que algunahs redes 4G avanzadas, como por exemplo a rede LTE/LAA de T-Mobile, que supera os 500 Mbit/s en Manhattan[8] e Chicago.[9] A aparencia é que, en rendemento; en 4G aproxímase ó límite de Shannon. As velocidades en 5G, na banda milimétrica, con maior ancho de banda pero menor rango de alcance, son diferencialmente maiores.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Muñoz, Ramón (2019-03-03). "El 5G toca a la puerta dispuesto a cambiar nuestras rutinas para siempre". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-10-28.
- ↑ Ciencia, Noticias de la. "Banda ancha móvil ultrarrápida 5G con frecuencias de ondas milimétricas". Noticias de la Ciencia y la Tecnología (Amazings® / NCYT®) (en castelán). Consultado o 2020-10-28.
- ↑ "What is the difference between 4G and 5G?". Just Ask Gemalto EN (en inglés). 2018-03-14. Consultado o 2020-01-03.
- ↑ "The perfect storm: 5G, IoT and AI". Telenor Group (en inglés). 2019-02-26. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-28.
- ↑ Dolcourt, Jessica. "We tested 5G speeds across the globe". CNET (en inglés). Consultado o 2020-01-03.
- ↑ Dave. "No 'Material Difference Between 5G & LTE'". wirelessone.news. Arquivado dende o orixinal o 2018-06-20. Consultado o 2018-06-20.
- ↑ Dave. "5G NR Only 25% to 50% Faster, Not Truly a New Generation". wirelessone.news. Arquivado dende o orixinal o 2018-06-20. Consultado o 2018-06-20.
- ↑ "T-Mobile's LAA Creates Screaming Fast Speeds in NYC". PCMAG. Arquivado dende o orixinal o 2018-06-25. Consultado o 2018-06-25.
- ↑ "Testing the first ever 5G network phone in USA". smartmobtech.com. Arquivado dende o orixinal o 2019-07-03. Consultado o 2019-07-03.
- ↑ Saracco, Roberto. "Taking a fresh look at 5G – Technology enablers I". IEEE Future Directions (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2019-11-05. Consultado o 2019-09-11.