IEEE 802.11

As normas IEEE 802.11 creadas polo Institute of Electrical and Electronics Engineers, son un conxunto de estándares de telecomunicacións para redes sen fíos, nas que destaca o estándar IEEE 802.11be por ser o nome técnico do WiFi 7.[1] Os dispositivos aos que vai dirixida esta norma son: routers wifi, puntos de acceso, teléfonos móbiles, tablets, dispositivos intelixentes e ordenadores.
Distintas normas e xeracións Wi-Fi
[editar | editar a fonte]802.11a (obsoleto)
[editar | editar a fonte]Esta foi o primeiro estándar IEEE 802.11. Con este estándar os equipos chegan a alcanzar velocidades de transmisión de datos de 54 Mbps. Esta rede opera na frecuencia de 5GHz e inicialmente soporta 64 utilizadores por Punto de Acceso (PA). As súas principais vantaxes eran a velocidade, a gratuidade da frecuencia que é usada e a ausencia de interferencias. A maior desvantaxe é a incompatibidade cos estándares posteriores: IEEE 802.11 b e g.
(Cabe sinalar que o as primeiras versións da norma non eran seguidas por todos os fabricantes de dispositivos para redes sen fíos, entón fabricantes que se saltaban a norma IEEE conseguían velocidades de 72 a 108 Mbps)
802.11b (obsoleto)
[editar | editar a fonte]Con esta versión os equipos alcanza unha velocidade de 11 Mbps (estandarizada polo IEEE e unha velocidade de 22 Mbps ofrecida por algúns fabricantes non estandarizados). Opera dentro da frecuencia de 2.4GHz. Inicialmente soporta 32 utilizadores por PA. Un punto negativo neste estándar é a alta interferencia tanto na transmisión como na recepción de sinais, porque funciona a 2,4GHz, o mesmo que os teléfonos móbiles, fornos microondas e dispositivos Bluetooth. E o lado positivo é o baixo prezo dos seus dispositivos, a gratuidade da banda e a dispoñibilidade gratuíta en todo mundo.
802.11d (obsoleto)
[editar | editar a fonte]Este versión habilitou o hardware da norma 802.11 operar en varios países onde non podía operar por problemas de compatibilidade, por exemplo: o IEEE 802.11a non operaba en Europa.
802.11g (obsoleto)
[editar | editar a fonte]A versión 802.11g baséase na compatibilidade cos dispositivos 802.11b ofrece unha velocidade de 54 Mbps. Funciona dentro da frecuencia de 2,4GHz. Ten os mesmos inconvenientes do estándar 802.11b (incompatibilidades con dispositivos de diferentes fabricantes). As vantaxes tamén son as mesmas do 802.11b (maior velocidade). Usa autenticación WEP estática.
802.11k (obsoleto)
[editar | editar a fonte]A versión k posibilitaba un medio de aceso para Acces Points (APs) transmitir datos de xerenciamento.
802.11n (Wi-Fi 4) (obsoleto) (substituído pola seguinte versión de Wifi)
[editar | editar a fonte]O WiFi4 prometía ser o estándar wireless para distribución, pois ofrecerá, a través de configuracións MIMO, taxas máis altas de transmisión, maior eficiencia na propagación do sinal e ampla compatibilidade inverse cos demais protocolos. O 802.11n atende tanto as necesidades de transmisión sen fío para o estándar HDTV, como dun ambiente altamente compartillado.
Este estándar emite sinais cuns anchos de banda de 20Mhz ou 40Mhz nas bandas de 2,4 Ghz e 5 Ghz modulando cunha modulación 64-QAM.[2]
802.11r (obsoleto)
[editar | editar a fonte]A versión r que non rematou como estándar estandariza o handoff rápido para que un cliente wireless, que se está movendo dun punto de aceso a outro na mesma rede, se reasocie.
802.11ac (Wi-Fi 5) (substituído pola seguinte versión de Wifi)
[editar | editar a fonte]Engade unha alta capacidade en frecuencias inferiores a 6 GHz, con máis agregación de ancho de banda, máis MIMO, e soporte para multiusuario MIMO.
Este estándar emite sinais cuns anchos de banda de 20Mhz, 40Mhz, 80Mhz ou 160Mhz na banda de 5Ghz modulando cunha modulación 256-QAM.[2]
802.11ax (Wi-Fi 6) (substituído pola seguinte versión de Wifi)
[editar | editar a fonte]O Wifi6 introduxo un gran aumento de rendemento e eficiencia respecto de WiFi5, emprega MIMO multiusuario e OFDMA.
Este estándar emite sinais cuns anchos de banda de 20Mhz, 40Mhz, 80Mhz ou 160Mhz nas bandas de 2.4Ghz e 5Ghz (e 6Ghz) modulando cunha modulación 1024-QAM.[2]
802.11be (Wi-Fi 7)
[editar | editar a fonte]O coñecido coma Wi-Fi7 converteuse no estándar wifi en 2024 e espérase que sexa o estándar ata 2028 (ano no que se implementará previsiblemente o Wi-Fi 8) ten unha velocidade de até 46 Gbps.
Este estándar emite sinais cun ancho de banda de 320 MHz nas bandas de 2.4Ghz e 5Ghz e 6Ghz modulando cunha modulación 4096-QAM[2].[3]

802.11bn (Wi-Fi 8)
[editar | editar a fonte]Terá un gran aumento da velocidade e será o novo estándar a partir do 2028.[4]
Xeración | Logo | IEEE
estándar |
Adoptado | Velocidade máxima
(Mbit/s) |
Frequencia
(GHz) |
---|---|---|---|---|---|
Wi-Fi 4 | 802.11n | 2009 | 1 200 | 2.4, 5 | |
Wi-Fi 5 | 802.11ac | 2013 | 3 500 | 5 | |
Wi-Fi 6 | ![]() |
802.11ax | 2021 | 9 600 | 2.4, 5 |
Wi-Fi 6E | 6 | ||||
Wi-Fi 7 | ![]() |
802.11be | 2024 | 46 000 | 2.4, 5, 6 |
Wi-Fi 8 | — | 802.11bn | será adoptado no 2028 | 100 000[2] | 2.4, 5, 6 |
Canles e frecuencias da norma IEE 802.11b e IEE 802.11g
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1]
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Aguilar, Ricardo (2025-02-27). "WiFi 7: qué es, para qué sirve y todas las novedades del nuevo estándar WiFi". Xataka (en castelán). Consultado o 2025-03-04.
- ↑ "What is Wi-Fi 7? - everything RF". www.everythingrf.com. Consultado o 2024-12-29.
- ↑ "Características del WiFi 8 o 802.11bn, nuevas funciones y velocidad". RedesZone (en castelán). Consultado o 2025-03-04.