Igrexa vella de Delft
Igrexa vella de Delft | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | igrexa ![]() | |||
Estilo | arquitectura gótica ![]() | |||
Localización | ||||
Enderezo | Heilige Geestkerkhof 25 ![]() | |||
Código postal | 2611HP ![]() | |||
| ||||
Estado | Reino dos Países Baixos | |||
País | Países Baixos | |||
Provincias | Holanda Meridional | |||
Concello | Delft ![]() | |||
Construción | ||||
Fundación | século XIV ![]() | |||
Material usado | ladrillo ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 75 m ![]() | |||
Implicados | ||||
Dedicado a | Hipólito ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Rijksmonument ![]() | ||||
Data | 29 de xuño de 1967 | |||
Identificador | 11970 | |||
Composto por | ||||
Tower of Oude Kerk (en) ![]() ![]() | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | oudekerk-delft.nl… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Igrexa vella de Delft (en neerlandés: Oude Kerk) é o nome como se coñece a antiga igrexa gótica dos Países Baixos do século XIII situada no centro da cidade de Delft, na Holanda Meridional. O edificio, construído ao pé da canle Oude Delft, foi declarado monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument) en 1967.[1]
Orixinalmente denominouse igrexa de Santo Hipólito e posteriormente pasou a coñecerse como igrexa de San Bertomeu, a partir de mediados do século XIII, para conmemorar o nome do santo patrón do seu fundador, Bartholomeus van der Made.
Historia
[editar | editar a fonte]Idade Media
[editar | editar a fonte]Habitualmente dáse o ano 1246 como o de nacemento da igrexa, aínda que a súa historia é máis antiga. Algúns séculos antes de que o conde Guillerme II lle concedese a Delft os dereitos de cidade, os habitantes do núcleo rural xa asistían á misa no mesmo lugar. Asúmese xeralmente que arredor do ano 1050 existía alí unha igrexa de madeira.[2]
Bartholomeus van der Made emprendeu a mediados do século XIII a primeira reforma e a ampliación da igrexa parroquial, de xeito que á igrexa orixinal se lle engadiron dúas naves de cruceiro. Nos anos seguintes houbo catro novas fases da reconstrución. Durante unha delas (1325-1350) engadíuselle a torre gótica e ergueuse a agulla de ladrillo e as catro torres angulares.
A súa torre, que se pode divisar desde case toda a cidade, ten unha altura de 75 metros e unha inclinación de arredor de dous metros, e alberga a segunda campá máis pesada dos Países Baixos, con 9 toneladas.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]
Na primeira metade do século XV renovouse completamente a nave central e a igrexa adoptou a aparencia e as características dunha basílica, xa que a nave central se elevou sobre as laterais. E á súa vez, as naves laterais prolongáronse ata a parte dianteira da torre. No transcurso do século XV ampliouse o edificio con diversas capelas e portais. O portal da fachada norte, que se transformou nunha capela, e o portal da torre son mostras destas modificacións.
A última renovación radical da igrexa tivo lugar a comezos do século XVI. O plan consistiu en transformar o edificio nunha basílica cruciforme de pedra natural. Para poder realizar este proxecto pediuse a colaboración de Anthonis Keldermans, descendente dunha famosa familia flamenga de arquitectos e escultores. En moitas cidades flamengas, zelandeses e holandeses pódense atopar mostras do gótico de varias xeracións de Keldermans.[3]
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]As vidreiras actuais foron elaboradas en 1972 polo artista da pintura sobre vidro Joep Nicolas.
Personaxes soterrados na Igrexa Vella
[editar | editar a fonte]Numerosas lápidas forman parte hoxe da pavimentación da igrexa. Entre as figuras senlleiras que alí descansan pódense salientar as seguintes:[4]
- Clara van Spaerwoude (ca. 1530-1615), nobre holandesa nada en Delft.
- Abraham Gorlaeus (ca. 1549-1608), anticuario de orixe flamenga.
- Piet Pieterszoon Hein (1577-1629), almirante das Provincias Unidas.
- Johannes Stalpaert van der Wiele (1579-1630), presbítero e poeta holandés.
- Marteen Tromp (1598-1653), almirante holandés.
- Pieter Jansz. van Asch (1603-1678), pintor e ilustrador holandés nado en Delft.
- Hendrick Cornelisz. van Vliet (1611-1675), pintor holandés nado en Delft.
- Anthonie Heinsius (1641-1720), político holandés nado en Delft.
- Regnier de Graaf (1641-1673), físico e anatomista francés.
- Johannes Vermeer (ca. 1632-1675), pintor holandés nado en Delft.
- Antoni van Leeuwenhoek (1632-1723), comerciante e científico nado en Delft.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de inscrición do edificio no Rijksmonumentenregister Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
- ↑ Notas sobre a xénese da igrexa vella Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine.. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)
- ↑ Información sobre as ampliacións da igrexa Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine.. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)
- ↑ "Preminent people Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine.". Retratos e notas biográficas dos personaxes soterrados na igrexa. En oudeennieuwekerkdelft.nl. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial da Oude Kerk