Lush
Lush | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 1987-1996 2015-2016 |
Xénero(s) | shoegazing, britpop, dream pop, noise pop, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | 4AD, Reprise, Edamame |
Membros | Miki Berenyi Emma Anderson Chris Acland Meriel Barham Steve Rippon Phil King Justin Welch |
Artistas relacionados | The Lillies, Sing-Sing, Piroshka |
Na rede | |
http://lushofficial.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Lush foi unha banda inglesa de shoegazing formada en Londres no ano 1987. A formación orixinal estaba composta por Miki Berenyi (voces, guitarra), Emma Anderson (voces), Steve Rippon (baixo) e Chris Acland (batería). Phil King substituíu a Rippon en 1991. Foi unha das primeiras bandas en ser descritas coa etiqueta "shoegazing". Tras a morte de Acland o grupo separouse en 1996.
O grupo reuniuse durante un curto período de tempo entre 2015 e 2016 con Berenyi, Anderson, King e Justin Welch. Lush saíu de xira e gravou un EP con material novo.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Formación e primeiros anos
[editar | editar a fonte]A banda formouse en Londres no ano 1987 e chamouse inicialmente The Baby Machines (por unha liña da canción de Siouxsie and the Banshees "Arabian Knights")[2], e estaba composta por Meriel Barham (voces), Emma Anderson (guitarra, voces), Miki Berenyi (guitarra, voces), Steve Rippon (baixo) e Chris Acland (batería).[3] As súas influencias eran diversas; estaban inspirados pola escena garage rock da serie Nuggets, Cocteau Twins, Siouxsie and the Banshees, The Beach Boys e The Byrds.[4]
Anderson e Berenyi foran amigos do colexio, coñecíanse dende principios dos anos 80, e xuntos publicaran o fanzine Alphabet Soup.[5] En 1986 Anderson uniuse a The Rover Girls como baixista e Berenyi uniuse a The Bugs, tamén como baixista. Ningunda das dúas bandas durou moito, e en 1987 uníronse a Barham e Acland en The Baby Machines. Rippon uniuse pouco despois e os membros do grupo decidiron cambiar o nome a Lush, facendo a súa estrea ao vivo no Camden Falcon o 6 demarzo de 1988.[3][5] Barham deixou a banda e despois uniuse a Pale Saints. Berenyi fíxose entón cargo das voces principais.[3]
Anderson dixo dos inicios da banda, "Éramos unha especie de punk rock en certa maneira. Pensamos, 'Ben, se eles poden facelo, porque carallo non poderíamos nós?' Basicamente, a nosa idea era ter guitarras extremadamente altas con voces moito máis débiles. E, realmente, as voces eran máis débiles debido ao nerviosismo - sempre estariamos 'Báixaas! Báixaas!'" Berenyi dixo, "Comezamos escribindo himnos riot grrrl de merda... o que probablemente era encantador dende un punto de vista xuvenil. Pero houbo un cambio moi rápido dende o momento no que comezamos a compoñer para as gravacións. A música, as letras fixéronse moito máis reflexivas e expresivas, máis importantes, realmente. Lembro que ese cambio comezou cando Emma escribiu Thoughtforms, certamente fíxome pensar que necesitaba poñerme en orde".[6]
Scar, EPs e Spooky
[editar | editar a fonte]
En 1989 a banda fichou por 4AD Records e publicou a súa primeira gravación, o míni-álbum de seis temas Scar. Os eloxios da crítica para Scar e uns directos polpulares estableceron a Lush como un dos grupos máis mencionados na prensa da escena indie británica de finais dos 80 e principios dos 90. Anderson díxolle a Everett True en Melody Maker, "Lembro cando non podía tocar, non estaba nunha banda, non coñecía a ninguén que puidese tocar, e agora temos un disco en 4AD. Ás veces é imposible aceptar o que está pasando".[5]
Non moito despois, a prensa musical británica etiquetounas co termo "shoegazing" . O ano seguinte publicáron os EPs Mad Love (producido por Robin Guthrie de Cocteau Twins) e Sweetness and Light (producido por Tim Friese-Greene).[7] Os tres lanzamentos combináronse posteriormente no álbum recompilatorio Gala, que foi producido principalmente para os mercados estadounidense e xaponés. A banda gravou unha sesión ao vivo para o programa de John Peel na BBC Radio 1 en 1990 e nese mesmo ano colaborou cunha versión de "Chirpy Chirpy Cheep Cheep", de Lally Stott, ao álbum anti-poll tax Alvin Lives (In Leeds).[3]
O perfil da banda aumentou polas extensas xiras, incluída unha aparición no Glastonbury Festival en xuño de 1990 e xiras por Xapón a finais de 1990 e Estados Unidos (con Ride) na primavera de 1991.[3][8] Precedido polo EP Black Spring publicado en outubro de 1991, o primeiro álbum de Lush con material completamente novo, Spooky, foi lanzado en xaneiro de 1992. Novamente coa produción de Guthrie, Spooky ten un son moi semellante ao da banda de Guthrie, Cocteau Twins, con Wall of Sound e unha gran cantidade de efectos de guitarra. As recensións foron mesturadas e os críticos do álbum sostiñan que a produción de Guthrie afastaba o son da visión creativa orixinal da banda, aínda que se vendeu ben, chegando ao posto 7 na lista de álbums do Reino Unido.[3] O álbum foi precedido polo primeiro sinxelo da banda no top 40 británico, "For Love",[3] que foi en parte regravado e remesturado por Mark Freegard. Tamén produciu as caras b do sinxelo: a gravación orixinal de "Starlust", a versión de Wire "Outdoor Miner" e o único tema de Lush coa voz principal de Anderson, "Astronaut". Gil Norton remesturou "Superblast!" para o lanzamento do sinxelo xaponés.
Rippon deixou a banda tras gravar o EP "For Love" para concentrarse na escritura, aínda que o seu libro Cold Turkey Sandwich, unha crónica ficticia da súa época de xira, foi rexeitado polas editoriais. Foi substituído por Phil King.[9] Durante o verán de 1992 Lush xirou polos Estados Unidos como parte da segunda edición do festival Lollapalooza.[3] Lush foi engadido á lista polo organizador de Lollapalooza, Perry Farrell, o líder de Jane's Addiction/*** for Pyros, quen solicitou persoalmente á banda.[10]
Split, Lovelife e separación
[editar | editar a fonte]Lush achegouse a Bob Mould para que producise o seu segundo álbum. A banda comentou que Mould estaba demasiado ocupado para producilo, pero Mould dixo nun artigo de Spin que botouse atrás porque "Seguia elixindo as cancións da rapazas equivocadas... Tiña que marchar antes de separar a banda!".[3] A banda considerou frustrante completar Split. O disco foi gravado por Mike Hedges nos Rockfield Studios de Gales, e despois Hedges e o grupo mesturaron as gravacións primeiro en Abbey Road Studios, e despois no propio estudio de Hedges en Domfront, Francia. Porén, nin a banda nin Ivo Watts-Russell de 4AD quedaron satisfeitos co son e finalmente contrataron a Alan Moulder para remesturalo.[11][12][13] A banda lanzou dous EPs do álbum ("Hypocrite" e "Desire Lines") ambos o mesmo día (30 de maio de 1994).[12] Ningún dos dous sinxelos entrou no Top 40 do Reino Unido. Publicado o 13 de xuño de 1994, Split tivo menos éxito que Spooky.
A banda concentrouse no mercado estadounidense, seguindo os consellos do seu representante, pero non conseguiu un gran éxito alí. Un terceiro EP de "Split", con lanzamento previsto para o outono de 1994, ía ter a "Lovelife" como tema principal xunto cunha versión de "The Childcatcher" gravada durante as sesións de Split; pero o lanzamento foi arquivado. Esta primeira versión de "The Childcatcher" lanzouse tres veces: no casete gratuíto Secret Tracks 2 fincluído no número de maio de 1994 da revista Select, no recompilatorio de 4AD All Virgos Are Mad e como parte do EP recompilatorio From Greer to Eternity, publicado por Fierce Panda Records posteriormente ese mesmo ano. Lush sofreu máis contratempos cando as xiras por Xapón e Reino Unido foron canceladas. Decidiron entón romper co seu representante, Howard Gough, e comezar a traballar nun novo álbum. Porén, o novo representante tamén tiña como prioridade conseguir éxito nos Estados Unidos.[14]
Lovelife, o seu cuarto álbum, foi editado en marzo de 1996. Foi producido por Pete Bartlett, o técnico de directo do grupo. Lovelife representou un cambio na produción, con menos dependencia dos efectos de guitarra pesados. Lovelife converteuse no disco máis vendido da súa carreira, posiblemente por estar máis en sintonía co estilo Britpop contemporáneo.[15] Lovelife incluía os exitosos sinxelos "Single Girl", "Ladykillers" e "500 (Shake Baby Shake)", e tamén contaba coa apareción de Jarvis Cocker of Pulp facendo un dúo con Berenyi no tema "Ciao!".[7]
En lugar de capitalizar o seu éxito no Reino Unido, os representantes da banda mandáronos a unha xira estadounidense mal concibida cos Gin Blossoms.[16] Cos membros da banda sentíndose presionados e cansos, Anderson discutiu marchar. Afirmou que non podería facer outro Lovelife e que preferiría facer un álbum máis pequeno e persoal. Os outros membros da banda mostráronse receptivos a esta idea, e Berenyi, en particular, estaba interesado en manter a banda unida.[14][17]
En setembro de 1996 a banda realizou a súa derradeira actuación, antes de reunirse, no Xapón. Un mes despois, a traxedia golpeou ao grupo cando o batería Chris Acland morreu aforcándose no xardín dos seus pais o 17 de outubro. A banda realizou unha pausa prolongada, anunciando oficialmente a súa ruptura o 23 de febreiro de 1998.[3][10][14]
Despois da separación
[editar | editar a fonte]Berenyi traballou como editora de produción en dúas grandes editoriais de revistas.[17] En 1998 Anderson formou un grupo novo, Sing-Sing, coa vocalista Lisa O'Neill. Sing-Sing publicou dous álbums de estudio, pero en xaneiro de 2008 anunciou a súa disolución. Anderson viviu en Hastings e tivo varios traballos no negocio da música en xestión, relacións públicas, contabilidade e nunha axencia de reservas. King tocou o baixo para Jesus and Mary Chain e tamén traballou para a revista Uncut como investigador de imaxes.[18]
Reunión e segunda ruptura
[editar | editar a fonte]En setembro de 2015 a prensa musical suxeriu que se podería haber unha reunión despois de que Anderson publicase un críptico "7 días" nas redes sociais, e de que aparecese un sitio oficial da banda.[19][20] O 28 de setembro Lush anunciou a súa reunión na súa páxina de Facebook.[1] A nova formación estaba composta por Anderson, Berenyi e King xunto coa adición de Justin Welch (Elastica) na batería, un vello amigo de Chris Acland.[1]
Desexaríamos que fose antes pero, durante moitos anos, foi demasiado doloroso pensar facelo sen Chris, e despois todo tipo de compromisos que cambiaron a nosa vida fixérono imposible. Agora, finalmente, os tres estamos no lugar correcto no momento correcto para facer música xuntos outra vez.[1]

Para celebrar o seu regreso, 4AD publicou unha edición limitada en dobre vinilo vermello do seu recompilatorio Ciao! Best of Lush o 7 de novembro de 2015, seguido o 11 de decembro por Chorus, unha caixa de 5 CDs con case todo o seu material editado xunto cunha serie de rarezas, sesións de radio e demos.[21] Para o Record Store Day de 2016, 4AD lanzou unha edición limitada de 5 vinilos en color dunha caixa titulada Origami, formada por Gala (vinilo transparente), Spooky (prateado), Split (vermello), Lovelife (rosa) e o primeiro vinilo lanzado da versión canadense de Topolino (amarelo), cunha portada revisada por Chris Bigg. A versión británica/europea estaba empaquetada nunha "caixa de pizza" de cartón branco estampada con tres logotipos diferentes de Lush de 1990, 1994 e 1996.[22]
Lush tamén anunciou un concerto no Roundhouse de Londres o 6 de maio de 2016,[23] e despois engadiu unha segunda data, o 7 de maio, despois de que as entradas se esgotasen en seis horas.[24] O 19 de xaneiro de 2016 anunciouse a súa primeira xira por América do Norte en 20 anos.[25] O 15 de abril de 2016 a banda anunciou o lanzamento do EP Blind Spot, a seu primeiro material novo dende 1996.[26] O EP foi producido por Jim Abbiss e o membro de Ladytron Daniel Hunt. O 18 de outubro de 2016 Lush anunciou a marcha do baixista Phil King a través da súa páxina oficial. O 15 de novembro dese ano o grupo emitiu un comunicado anunciando que Michael Conroy de Modern English tocaría o baixo para o seu derradeiro concerto no Manchester Academy, e confirmando que a banda se separaría despois desa actuación.[27]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Scar | 1989 | 4AD |
Spooky | 1992 | 4AD |
Split | 1994 | 4AD |
Lovelife | 1996 | 4AD |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "We've been away for ages and ages, but we're really excited...". Facebook. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ "Chorus Lines - Lush In Conversation With Martin Aston". 4AD (en inglés). Consultado o 2022-07-16.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Thompson, Dave, January 3- (2000). Alternative rock. San Francisco: Miller Freeman Books. pp. 478–9. ISBN 0-87930-607-6. OCLC 44516822.
- ↑ "Lush Life: The Sirens Return". FLOOD (en inglés). Consultado o 2022-07-16.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Contemporary musicians : profiles of the people in music. Detroit, Mich.: Gale Research. ©1989-. ISBN 978-0810357372. OCLC 20156945.
- ↑ "LUSH Remembered - Biographies". www.lightfromadeadstar.org. Consultado o 2022-07-17.
- ↑ 7,0 7,1 "LUSH Remembered - Discography". lightfromadeadstar.org. Consultado o 2025-01-19.
- ↑ "LUSH Remembered - The Definitive Gigography". www.lightfromadeadstar.org. Consultado o 2025-01-19.
- ↑ "LUSH Remembered - Biographies". www.lightfromadeadstar.org. Consultado o 2025-01-19.
- ↑ 10,0 10,1 "Lush - Everything2.com". everything2.com. Consultado o 2025-01-19.
- ↑ "LUSH Remembered - Lush at Work". www.lightfromadeadstar.org. Consultado o 2025-01-19.
- ↑ 12,0 12,1 Valish, Frank. "Lush - Miki Berenyi and Emma Anderson on Their 1994 Album “Split”". Under the Radar Magazine (en inglés). Consultado o 2025-01-19.
- ↑ Lindsay, Cam (2016-01-07). "Rank Your Records: Emma Anderson Ranks Lush’s Five Albums". VICE (en inglés). Consultado o 2025-01-19.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Valish, Frank. "Lush - Miki Berenyi and Emma Anderson on 1996 Album “Lovelife” and the Last Days of the Band". Under the Radar Magazine (en inglés). Consultado o 2025-01-19.
- ↑ "Lovelife - Lush". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-01-19.
- ↑ Strauss, Neil (1996-08-30). "As the Fans Outside Are Searched, the Show Goes On". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2025-01-19.
- ↑ 17,0 17,1 Carpenter, Lorraine. "Miki Berenyi". Under the Radar Magazine (en inglés). Consultado o 2025-01-19.
- ↑ Cromwell, Dave (2012-08-21). "DaveCromwell Writes: Phil King - Exclusive Interview". DaveCromwell Writes. Consultado o 2025-01-20.
- ↑ "Lush Hint at Reunion │ Exclaim!". Lush Hint at Reunion │ Exclaim! (en inglés). Consultado o 2025-01-20.
- ↑ Redfern, Mark. "Shoegazing Legends Lush Might Be Reforming". Under the Radar Magazine (en inglés). Consultado o 2025-01-20.
- ↑ "Out Now: Lush - Chorus". 4AD (en inglés). Consultado o 2025-01-20.
- ↑ "Lush: 'Origami'". 4AD (en inglés). Consultado o 2025-01-20.
- ↑ Monroe, Jazz (2015-09-28). "Lush Announce First Live Show in 20 Years". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-01-20.
- ↑ Cummings, Bill (2015-09-29). "NEWS: Lush Add Second London Date Following Reformation - God Is In The TV" (en inglés). Consultado o 2025-01-20.
- ↑ Minsker, Evan (2016-01-19). "Lush Announce Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-01-20.
- ↑ Minsker, Evan (2016-02-19). "Lush Announce Blind Spot EP, Share "Out of Control" Video". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-01-20.
- ↑ "LUSH - News". web.archive.org. 2016-10-30. Consultado o 2025-01-20.