Saltar ao contido

Río Asma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Asma
Imaxe
Río Asma cheo ao seu paso por Chantada.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaChantada, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra do Faro Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Miño Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°36′31″N 7°44′25″O / 42.60857, -7.74021
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións25 (lonxitude) km

O río Asma é un curso fluvial da provincia de Lugo.[1] Nace na parroquia de Furco (Carballedo), transcorre polo concello de Chantada e desemboca na marxe dereita do río Miño. Ten unha lonxitude de 25 km. O seu afluente principal é o Río Comezo[2]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Asma é un hidrónimo de orixe prelatina, que podería derivar da forma *Arsăma referida a un río grande.[3] Á súa vez o río dálle nome á antiga xurisdición de Terra de Asma. Consérvase nas parroquias de San Fiz de Asma, San Salvador de Asma, San Xurxo de Asma e Santa Uxía de Asma (todas elas no concello de Chantada) e a de Santa Cristina de Asma (concello de Carballedo).

Afluentes

[editar | editar a fonte]
  • Regatiño dos Mirtos
  • Rego das Gándaras
  • Río Mareco
  • Rego de Bermún
  • Rego de Portafría
  • Río Comezo
  • Rego das Ximeiras
  • Río Pedroso
  • Regueiro das Buratas
  • Regueiro Darma
  • Rego Lavandeira
  • Rego Agrelas
  • Regato da Touza
  • Regato da Xesteira
  • Rego de Tarrío

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]