Verme
Aparencia

Verme é unha denominación popular de calquera animal invertebrado de corpo brando e alongado, sen esqueleto nin extremidades articuladas, que se despraza arrastrándose. Non corresponde a ningunha clasificación taxonómica.
Outras denominacións populares igualmente xenéricas son becha, becho, bechoco, bicha, bicho, bichoca, bichoco, coca, coco ou ronco.
Con nome de verme desígnanse habitualmente:
- Algúns parasitos intestinais, tamén chamados lombrigas.
- As larvas vermiformes de insectos.
- As eirugas.
- As miñocas.
Nalgúns casos designa un insecto determinado, como é o caso do vagalume (verme da luz, verme canteiro ou verme carpinteiro) ou do verme da seda (larva dunha bolboreta da familia dos bombícidos (Bombyx mori).
![]() |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |